lunes, 11 de abril de 2011

O ILUSTRADOR: MIGUELANXO PRADO

Miguelanxo Prado, naceu na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada en galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.
É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Ten especial recoñecemento en España (especialmente en Galicia, onde está considerado por moitos como o autor máis relevante), Francia (con grande éxito de crítica e público) e Portugal (dedicou a Lisboa un libro de ilustracións "Carta de Lisboa" e outro á cidade brasileira de Belo Horizonte).
Outra faceta importante é a de ilustrador, con traballos como os feitos para La ley del amor (1995) de Laura Esquivel ou para libros infantís e xuvenís como 'Cando o mar foi polo río', de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz ou Bala perdida de Manuel Rivas.
O súa variedade de estilos é sorprendente e nos seus inicios foi ás veces criticada (o editor Toutain estaba claramente en contra dos cambios estilísticos que fixo Miguelanxo Prado nos seus inicios). Pero habitualmente esta variedade de estilos é vista como unha riqueza de sensibilidade moi apreciada entre os lectores. A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega.
Ademais da súa actividade artística Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador sendo o director desde 1998 do salón Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.
Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do reparto da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do camiño.
Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. A serie foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.
En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García, sen diálogos e que foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006, sen chegar a conquistar finalmente o premio. Este traballo, experimental e sen diálogos foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.
Se queres coñecer a súa obra pincha aquí

O AUTOR: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba (Lugo) en 1947. É diplomado en enxeñería industrial mecánica e licendiado en Ciencias da Educación. Traballou como mestre de E.X.B. en diferentes centros de Galicia e máis recentemente como profesor de Lingua e Literatura Galen no I.E.S. Os Rosais 2 de Vigo ata a súa prexubilación no 2008, ano no que gañou o PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL pola obra O único que queda é o amor , outorgado polo Ministerio de Cultura de España..
Como mestre e pedagogo, é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.
Tamén é membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éusquera e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Aquí tedes a portada de algunhas das súas obras.

Se queres saber máis sobre Agustín e a súa obra pincha aquí.

sábado, 2 de abril de 2011

POR QUÉ ELIXIMOS AS FLORES RADIACTIVAS

Eliximos o libro de Agustín Fernández Paz porque o tema que trata, a enerxía nuclear, é un tema de actualidad sobre o que tiñamos moitas preguntas. O que está pasando en Xapón tennos a todos moi preocupados.
Agustín inspirouse nuns acontecementos que tiveron lugar aquí en Galicia no ano 1981. O 14 de setembro de ese ano, un palangreiro de Ribeira o "Xurelo" saíu rumbo á fosa Atlántica, con políticos, ecoloxistas e xornalistas, para impedir o depósito de residuos radioactivos.
Podes atopar máis información consultando o seguinte ARTIGO da Voz de Galicia.

O Xurelo converteuse nun símbolo da loita ecoloxista en Galicia.
Aqui tendes un VIDEO de Informe Semanal, un programa de reportaxes xornalísticos de actualidade que se emite na TVE dende o ano 1973.

E QUE PASOU NA PRIMEIRA REUNIÓN?

Teríamos que empezar por contarvos que o noso Club de Lectura está coordinado por Xabier, o noso dire, que como ademáis é o noso orientador, estamos seguros que nos guiará con acerto nesta viaxe que agora emprendemos.
O venres reunímonos na biblioteca na Hora de Ler na nosa biblio. Alí ademáis de entregar os materiais do Club ao membros, falamos moito sobre os acontecementos que inspiraron a Agustín Fernández Paz para escribir "As flores radiactivas". E acordamos os capítulos que imos ler para a próxima reunión (os capítulos do 1 ao 8 e os anexos do libro).
Limos unha noticia na Voz de Galicia e vimos uns vídeos que Xabi seleccionou para nós. Aquí vos deixamos unhas fotos para que nos vexades como foi todo.


A próxima reunión será o Martes día 12 na hora do recreo. Non vos esquezades eh!!!

ENTREGA DE MATERIAIS

Na reunión de venres os membros recibirón unha serie de materiais que aquí vos imos amosar:

1. Unha carpetiña.
2. O libro "As flores radiactivas"
3. Unha pegatina do da portada do libro.
4. Un caderno de notas.
5. Un boletín informativo sobre o que son os Clubs de Lectura.





Aquí tedes o boletín por se queredes botarlle unha ollada.

Dende aquí queremos dar as grazas ao CEIP de Louro e a o CPI da Picota que nos prestaron os libros para poder poñer en marcha o noso club. Unha abrazo especial para Carmela a coordinadora da biblioteca do CEIP de Louro por estar sempre ahí, disposta a axudarnos e a aconsellarnos.

O NACEMENTO DUN CLUB DE LECTURA

O venres 1 de abril constituiuse, na nosa biblio, o primeiro Club de Lectura do noso centro.
Está integrado por todos os alumnos de 6º curso xunto con 3 de 5º. E xa teñen un nome.
Chámanse OS XURELOS LECTORES. Aquí tedes o seu logo. É chulo verdade??


O por qué de ese nome ímovolo contar máis adiante. Entenderédelo cando profundicemos un pouco máis no primeiro libro escolleron para ler.
Trátase dunha obra dun dos nosos autores máis recoñecidos e premiados: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. A obra que imos ler é AS FLORES RADIACTIVAS editada por a Editorial Xerais na súa colección Merlín.


BENVIDOS

Somos lectores. Gústannos os libros, lémoslos e disfrutámolos. Pero tamén nos gusta falar deles, compartirlos, revivilos, exprimilos ata que sacarlles todo o nos poden aportar. Somos un Club de Lectura.

Vivimos nun fermoso recuncho de Galicia no medio da natureza apartado das grandes ofertas culturais das grandes cidades pero non axenos á cultura. A cultura está nos libros e nos aproveitamos todo o que nos ofrecen.

Desde hoxe tamén estamos aquí, na inmesidade da rede, DA REDE (con maiúsculas), que nos permite compartir as nosas inquedanzas tamén convosco, os nosos lectores.

Estás no Recuncho de Rosiña.