sábado, 11 de mayo de 2013

Así ven os nenos saharauis o Bubisher

Neste vídeo podedes coñecer a experiencia dos rapaces e rapazas saharauis co Bubisher. Que opinades vos??



E aquí podedes escoitar a unha das bibliotecarias do Bubisher:


Palabras de caramelo en imaxes

Os alumnos do C.E.I.P. San Isidro de Neda na Coruña, elaboraron este vídeo no que resumen a historia de Kori empregando imaxes do Sáhara que atoparon por internet. Poida que vos axude a poñer imaxes a esta fermosa historia de Gonzalo Moure. Gústavos!!!

Coñecendo BUBISHER

Este vídeo trata de achegarnos toda a labor solidaria que está levando a cabo BUBISHER. Entenderás como funciona e cales son os seus obxectivos:


VIDEO DE GONZALO MOURE FALANDO DE SOLIDARIDADE CO SAHARA

Atopamos na rede este vídeo de Gonzalo Moure explicando a que se dedica a súa ONG BUBISHER e como os nenos de algúns centros están colaborando para facer realidade os proxectos de solidariedade no Sáhara. 

 

FOTOS DAS REUNIÓNS DO CLUB

Aquí tedes as fotos das distintas reunións do grupos do CLUB DE LECTURA

viernes, 10 de mayo de 2013

jueves, 2 de mayo de 2013

Fernando Martín Godoy, o ilustrador


Fernando Martín Godoy ilustrou Palabras de Caramelo!!

Naceu en Zaragoza en 1975. En canto foi capaz de agarrar un lapis, púxose a debuxar e ata o momento non  parou. Actualmente vive en Madrid, e dedícase á pintura e a ilustración de libros infantís. 
É licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa regularmente con varias galerías de arte e participa en exposicións colectivas, certámenes e encontros en España e en extranxeiro. É un dos artistas aragoneses de maior proxección nacional. Como ilustrador acompaña moitas das obras de Gonzalo Moure.








GONZALO MOURE

Imos coñecer un pouquiño mellor a GONZALO MOURE o autor de Palabras de Caramelo.
Gonzalo Moure naceu en Valencia en 1951. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como periodista entre 1973 e 1989 fundamentalmente na radio. Deixou o seu traballo sendo director dunha emisora de radio. Tamén traballou na prensa especializada en música popular, de guionista de televisión e de creativo de publicidade. Comezou a escribir en 1989. A súa primeira novela foi Geranium (1991) publicado pola Editorial Alianza e reeditado en 2005.
Agora vive en Figueras (Asturias) dedicado a escribir e a impartir charlas en bibliotecas, clubs de lectura,  colexios e institutos. Intervén en diversos congresos de Literatura Infantil e Xuvenil en España e fora dela.
As súas obras caracterízanse por a atención aos problemas sociais, aos problemas do pobo saharaui e por un exquisito manexo da sensibilidade, tanto dos narradores como dos protagonistas con frecuencia no marco dun conflicto suave entre pais e fillos adolescentes.
Aquí tedes todos os seus libros e premios:




 Dende o I.E.S. de ALLARIZ chéganos este pequeno vídeo elaborado por uns alumnos con motivo da  visita de Gonzalo ao seu instituto e aos que lles estamos moi agradecidos por compartir o seu traballo connosco!!



Gonzalo ten un blog! Ao que podedes acceder e ler das súas propias palabras a súa BIOGRAFÍA


martes, 30 de abril de 2013

O Club de Lectura arranca outra vez con Palabras de Caramelo

Aínda que tarde, o Club de Lectura volve arrancar a súa andaina!!! 
O libro que leremos este ano é PALABRAS DE CARAMELO de GONZALO MOURE.
O retraso debeuse á causas axenas a nós. 
Tiñamos solicitados os libros ao CPI da Baña pero, estes prestáranllos ao IES de Allariz, no que traballaron moito "Palabras de Caramelo" pero que se retrason na súa devolución.

Ao final chegaron e nós decidimos comezar canto antes.

Ata agora no Club de Lectura "Os xurelos lectores" só participaba o alumnado de 3º ciclo pero este ano, visto o interese que había en 4º curso, decidimos ofrecerlles tamén a posibilidade de participar.

Deste xeito, o número de participantes aumentaba moito así que decidiuse dividir o club en 3 grupos máis pequenos: un de 6º, outro de 5º e outro de 4º. Deste xeito necesitamos 3 moderadores: Xabier, o noso dire, modera ao grupo de 5º, a profe Pili modera ao grupo de 6º e a profe Asun modera ao grupo de 4º.

Os libros chegaron o luns 29 de abril ao noso cole e para non perder moito o tempo, os rapaces de 4º e 5º (os de 6º xa participaron no club o curso pasado) mantiveron unha reunión o martes cos seus moderadores nas súas aulas onde se lles explicou o funcionamento de Club de Lectura e se lles entregou un boletín que a biblioteca ten preparado para que non esquezan como funciona.

Quedamos en que para a primeira reunión do club teríamos que ter lidos os 2 primeiros capítulos.