miércoles, 4 de febrero de 2015

LECTURA DE 6º CURSO : BEN QUIERE A ANA

   Os alumnos de 6º reuníronse varias veces como Club de Lectura durante o mes de xaneiro para ler e
comentar o libro que comezaron a ler durante o Nadal: BEN QUIERE A ANNA  escrito por Peter Härtling e publicado pola Editorial Alfaguara.

 O libro cóntanos a historia de amor entre dous rapaces preadolescentes. Un primeiro amor con moitos condicionantes e un futuro bastante incierto. Anna e os seus pais acaban de voltar á Alemaña, despois de vivir e traballar uns anos en Polonia. Pero agora a Anna, o seu país, resultalle estraño. Ademáis os seus compañeiros de clase vena como un bicho raro. Non obstante, Ben, un deles sentirase atraído por Anna e defenderaa da intolerancia que a rodea. 

 Nesta historia falamos das diferencias sociais, económicas e culturais das familias de Ben e de Anna. Ben é fillo dun enxeñeiro e Anna dun mineiro emigrado que busca traballo. 

   Falamos tamén da historia de Alemaña e de cando estaba dividida en dous países distintos pois é nesa situación cando Ben e Anna se coñecen. Alemaña era receptora de traballadores emigrantes e tiña un paro crecente que comezaba a ser un problema na aquel entón. 

     Anna Mitscheck e Benjamin Korbel establecen unha sólida amizade que contrasta co xeitamento que moitos compañeiros de clase senten cara a ela.

     A amizade entre os dous nenos vai medrando e remata por converterse en atracción e namoramento.
Os episodios do seu amor sucédense:

       - o molesto momento da declaración,


    - a difícil manifestación dos sentimentos ante os compañeiros e familiares.

       - a turbación do contacto físico ou


     - a fatídica separación final, porque Anna ten que seguir aos seus pais que se trasladan a outra cidade en busca de mellores condicións laborais.


Peter Härtling naceu o ano 1933 en Chemnitz (Alemaña) e vive actualmente en Walldorf/Essen.
Comezou a súa carreira literaria no mundo xornalístico como reporteiro. Esta actividade redundaría nas súas novelas, poemas...cheos de vida e actualidade.
Ao principio só escribiu para adultos pero dende o ano 1970 escribe para nenos e mozos que lle recoñeceron como a un estupendo escritor cheo de sinceridade e tenrura.

Con este libro aprendemos unha chea de cousas:
  • a describir a personalidade de Ben e Anna
  • a falar das emocións e dos sentimentos
  • a entender a diferenza entre o amor e a amizade.
  • a reflexionar sobre as razóns que levan á xente a emigrar.
  • a entender quenes son os novos polacos en España
  • a recoñecer situacións nas que se produce a marxinación ou a discriminación dunha persoa.
  • a reflexionar sobre cal debe a ser a nosa actitude e o noso comportamento cando estamos ante un caso de rexeitamento.
  • as comidas típicas da cultura polaca e alemana
  • os coidados que deben recibir as mascotas
  • a comprender o significado das palabras tolerancia e empatía.

Non temos fotos das nosas reunións. Esquecemos facelas. Pero non volveremos a esquecenos de retratar estes momentos tan especiais nos que compartimos lectura, reflexións e sentimentos.