domingo, 17 de mayo de 2015

LECTURA DE 6º CURSO: NUNCA SERÉ TU HÉROE

Neste último trimestre, compartimos a lectura do libro NUNCA SERÉ TU HÉROE  no Club de Lectura de 6º curso. Este libro foi escrito por María Menéndez-Ponte e publicado na Editorial SM.

   Andrés, o protagonista desta historia, está farto do colexio, dos granos, do "rollo" da súa nai, da plasta da súa irmá, de Jorge que lle roubou a noiva, da vida en xeral e do profesor de Historia en particular. Dani e él propóñense cambiar o mundo e facer un conxuro que lle fará inmunes ás fantasmadas dos "pijos", pelotas e demais aves preeiras, e os convertirá en heroes. Bueno, ao menos iso é o que estaba previsto. Pero logo as cousas tórcense...

     Andés ten 15 anos e moitísimas preocupacións: os estudos, a súa cara, Sara (a rapaza que lle gusta pero que o deixou)... Os seus pais sempre lle están a dicir que estude, pero el non fai caso.

      Unha noite saíu de festa co seu amigo Dani, e tras emborracharse, volveu á casa, onde os seus pais lle rifaron. Ao día seguinte, cando voltaba da casa dos seus avós, atopou chorando á súa amiga Belén, quen lle explicou que cría estar embarazada. Andrés levaouna á consulta da irmá de Sara (que é xinecóloga) e descubriron que non era certo.

   Ao día seguinte déronlles as notas, e Andrés suspendera catro materias, e enriba, o profesor de historia mandouno facer un traballo con Jorge, que lle cae fatal porque lle quitara a noiva.

E ata aquí vos imos contar da historia que tanto nos gustou....


 Nas nosas reunións falamos e debatimos dunha gran multitude de temas que afectan aos adolescentes, etapa das nosas vidas que estamos a piques de comezar:
  • estudos
  • adolescencia e cambios físicos
  • sexualidade
  • embarazos non desexados,
  • autoestima
  • crise e paro
  • discriminación e violencia racista
  • amor
  • amizade e lealtade
  • sentido do humor
  • primeiras impresións e impresións erróneas sobre os demais
  • relacións entre iguais
  • sentimentos enfrontados
  • empatía
  • alcohol na adolescencia
  • respondabilidade
  • hobbies
  • comics...
   Tamén coñecemos un pouquiño máis a María Menéndez-Ponte a autora deste libro. Nada na Coruña desenvolve a súa actividade profesional no campo da educación e da literatura. É autora, ademáis de varios libros de textos e antoloxías para Educación Primaria.

    Comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Alí, xunto cun grupo de estudantes fundou un cine-club, foi delegada de curso e publicou numerosos artigos en diversos xornais galegos. 

    Na década dos noventa comezou o seu labor de escritora, tanto de novela coma de contos de relato curo, fundamentalmente orientados á literatura infantil e xuvenil. Moitos dos seus libros son grandes éxitos de ventas.

    Ao final do libro a autora escribe a súa autobiografía e incluso se inclúe unha entrevista que lle fan na súa propia casa onde explica as razóns que levaron a escribir o libro que lle adicou ao seu fillo Álvaro.

 E aquí están as fotos das nosas reunións:

Recomendámosvos este libro, por suposto!!

jueves, 7 de mayo de 2015

LECTURA DE 5º CURSO: TONECHO DE REBORDECHAO

Este curso os alumn@s de 5º están lendo, no seu Club de Lectura, o libro "Tonecho de Rebordechao" escrito por Breogán Riveiro, Editorial Galaxia.

Neste libro, que recibiu o premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña, oautor conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to dos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

BREOGÁN RIVEIRO: 


Riveiro se llevará los 6.000 euros del premio
 Nace en Montevideo en 1967. Estudia Naútica e o abandona para adicarse ao audiovisual. Na actualidade é realizador e guionista, adicándose en especial aos documentais. Como autor acada o Premio "Cidade fantástica" da cidade da Coruña, a Curuxa Literaria do Museo do Humor de Fene e foi finalista do Primeiro Premio de Relato por Entregas de La Voz de Galicia.

Publicou as obras O vendedor de mazás, de xénero fantástico, e O asasino bífido, instalado no ámbito da literatura humorística. En 2004 foi gañador do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña con Tonecho de Rebordechao.

Estas son as fotos da reunión do Club de Lectura dos rapaces e a mestra de 5º: