Ola!!!
Pois xa sabemos cal é a Cidade do Sal!!! E xa coñecemos un pouquiño a historia do xenio Wolfgang Amadeus Mozart, xa que el é o protagonista desta novela de Fina Casalderrey.
Sen embargo, na reunión de hoxe falamos moito da súa irmá, Nannerl, xa que hai un momento no que exclama: "Pronto terei que lle dicir adeus á miña música!" E é que as nenas e as mulleres non o tiveron nada fácil ao longo da historia. No club de lectura somos conscientes disto, e por iso hoxe conversamos sobre moitos aspectos nos que se observa que o xénero feminino aínda non acadou a igualdade.
![]() |
Hai unha película sobre a vida da irmá de Mozart. |
E mentras falabamos, de fondo escoitabamos a música de Mozart, xa que puxemos o CD que tamén vén no libro: Mozart á galega, do que o próximo día falaremos un pouquiño máis...
Unha aperta,
Rosiña
No hay comentarios:
Publicar un comentario