lunes, 11 de abril de 2011

O ILUSTRADOR: MIGUELANXO PRADO

Miguelanxo Prado, naceu na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada en galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.
É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Ten especial recoñecemento en España (especialmente en Galicia, onde está considerado por moitos como o autor máis relevante), Francia (con grande éxito de crítica e público) e Portugal (dedicou a Lisboa un libro de ilustracións "Carta de Lisboa" e outro á cidade brasileira de Belo Horizonte).
Outra faceta importante é a de ilustrador, con traballos como os feitos para La ley del amor (1995) de Laura Esquivel ou para libros infantís e xuvenís como 'Cando o mar foi polo río', de Manuel María, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz ou Bala perdida de Manuel Rivas.
O súa variedade de estilos é sorprendente e nos seus inicios foi ás veces criticada (o editor Toutain estaba claramente en contra dos cambios estilísticos que fixo Miguelanxo Prado nos seus inicios). Pero habitualmente esta variedade de estilos é vista como unha riqueza de sensibilidade moi apreciada entre os lectores. A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega.
Ademais da súa actividade artística Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador sendo o director desde 1998 do salón Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.
Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da TVG, o Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do reparto da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do camiño.
Tamén traballou na serie de animación Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. A serie foi producida por Steven Spielberg a través de Dreamworks.
En xaneiro de 2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas De profundis, unha longametraxe dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García, sen diálogos e que foi proposta para os premios Goya como mellor longametraxe de animación de 2006, sen chegar a conquistar finalmente o premio. Este traballo, experimental e sen diálogos foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.
Se queres coñecer a súa obra pincha aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario