Hoxe, despois de case un ano volve a reunirse o Club de Lectura "Os xurelos lectores", agora con novos membros.
Despois amosoulles o libro que se escolleu para ler este ano: No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz . A razón de escoller este libro ten que ver co tema do noso Proxecto Documental Integrado (Sementando bosques de palabras) deste ano no noso cole: OS BOSQUES.
Escollimos un libro de Agustín Fernández Paz porque xa limos o curso pasado un libro seu e gustounos tanto que decidimos repetir autor.
Na seguinte reunión, convocada para mañá os rapaces recibirán os materiais para o comezar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario