A sección do Club de Lectura de 4º curso está lendo o libro: OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA de Anxo Fariña (Editorial Xerais) Este libro está escrito e ilustrado por ANXO FARIÑA.
Imos averguar un pouquiño sobre este autor.
Visítalo e poderás descubrir unha chea de cousas sobre el e o seu traballo.
Segundo a RESEÑA do libro, os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...
Aquí vos deixamos fotos das reunións do Club de Lectura:
No hay comentarios:
Publicar un comentario