Aquí tedes as imaxes.
Falamos de todos os personaxes de Nata e Chocolate:
FANTÁSMICA, NATITA... estes son os alcumes de Sonia, unha nena albina que preferiría quedarse na casa lendo un libro ou mirando como a avoa fai calceta, antes que enfrontarse diariamente ás burlas e aos abusos de Lola. O malo é que está tan afeita que xa deixou de quererse e o soporta todo en silencio, ata cre que en parte o merece. Sonia é a mellor en Lingua, tenlido tanto que non lle escapa nin unha falta de ortografía. Ademais encántalle escribir e capta con enorme sensibilidade as historias que merecen ser contada. A súa nai morreu non hai moito nun accidente de tráfico, e agora vive co seu pai e coa súa avoa. A queren e cóidana, pero están todos tan tristes que ninguén sorrí e Sonia ansía os sorrisos.
- Lola
- Inés
Ás veces, abonda con tomar tempo e observar. Inés non é desas profesoras despreocupadas que opinan que non hai que dar excesiva importancia ás cousas de cativos. Está convencida de que o seu deber, ademais de ensinar a materia, é procurar sacar o mellor de cada alumno, protexer aos máis débiles dos abusos dos fortes e a estes de si mesmos. É cálida e cariñosa, e sabe que hai algo que case sempre funciona: conseguir que os rapaces se poñan un momentiño nos zapatos do outro. Tamén sabe que un sorriso é a mellor tarxeta de presentación.
- Alvaro
- O pai de Sonia
- A avoa de Sonia
- Juan
- As rapazas e rapaces da clase
Aínda que nun principio todos os compañeiros de Sonia parecen ignorala e mirar para outro lado cando alguén se burla dela, con a chegada de Inés algúns empezan a formularse a situación. Pilare Olga, inxenuas e algo infantís, deseguida se achegan á nena albina, pero a pesar da súa boa intención non poden evitar tratala de forma diferente. O seu peculiar aspecto impide que as nenas se relacionen con ela de xeito natural e prodúcese unha sorte de discriminación positiva que Sonia acepta agradecida, pero que no fondo non remata de aliviar a súa soidade. Rosalía, en cambio, posúe unha personalidade máis definida e é a que mostra maior madurez. É outra lectora empedernida e a Sonia encantaríalle ser a súa amiga. Pouco a pouco vanse achegando e rompendo o xeo. Rosalía préstalle o seu libro favorito, La historia interminable, o que non é un mal principio en absoluto. Ramón e Pedro son bromistas e despreocupados, moi amigos de Lola, séguena a todas as partes e deféndena leais cando as cousas empezan a torcerse para a líder do grupo. Non son crueis en esencia, sinxelamente non se pararon a pensar o dano que poden facer as palabras.

No hay comentarios:
Publicar un comentario