Mostrando entradas con la etiqueta Raúl Allén. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Raúl Allén. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2014

LOS INSTANTES PERFECTOS: LECTURA DE 6º CURSO

A sección do Club de Lectura de 6º curso está lendo o libro: LOS INSTANTES PERFECTOS de Ana Alonso (Editorial Oxford).


Segundo a RESEÑA do libro, Arsenio Colinas é un ladrón de luva branca que actúa sen empregar a violencia. A súa última vítima é a condesa de Tellington, unha anciá muller moi rica pouco merecedora da súa fortuna, a quen acaba de roubarlle as súas xoias máis valiosas e excepcionais coñecidas como "os instantes perfectos": trátase de unhas pedras míticas ás que se lles atribúe unha procedencia practicamente máxica.  
Pero a intelixente neta da condesa, Cecilia, ten unhas aspiracións de futuro moi peculiares: quere ser unha ladroa de luva branca. É por iso que non dubida un momento en seguir os pasos do famoso Arsenio Colinas e obrigalo a que a acepte como aprendiza.
O que Cecilia non sabe é que, no seu primeiro traballo, terá que facer de investigadora e non de ladroa. Encontrar os donos das devanditas pedras e devolvelas en perfecto estado converterase para a moza nunha cuestión... persoal. Das mansións residenciais aos barrios da periferia, de elitistas clubs urbanitas a bucólicos hoteis nos acantilados, Cecilia e Arsenio perseguirán a verdade sobre estas xoias e descubrirán que os recordos o poden cambiar todo.


Este libro está escrito por ANA ALONSO
Esta escritoria naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París. 
Escritora, tradutora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía.
Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006) e, recentemente, o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008). Asina a súa obra poética como Ana Isabel Conejo.


Los instantes perfectos está ilustrado por RAÚL ALLÉN
Valladolid, en 1979, viuno nacer, ir e vir. No seu paso por Salamanca licenciouse en Belas Artes e despois estudou ilustración e deseño en Boston. Sempre buscou o xeito de ver dentro e fóra das cousas, observando o que o rodea ata o punto de durmir cos ollos abertos.
O seu traballo foi recoñecido pola Sociedade de Ilustradores de Nova York, a revista 3 x 3 Magazine of Contemporary Illustration, o Certame Nacional de Debuxo Gregorio Prieto, a Galería Artis, o concurso Arte Mozo da Xunta de Castela e León, a Deputación de Valladolid...
Expuxo en Nova York, Boston, Madrid, Salamanca e Barcelona. Actualmente, traballa en diversos proxectos para editoriais españolas e internacionais, publicacións estranxeiras, revistas e axencias de publicidade do nivel de Vitruvio-Leo BurnettVINIZIUSYoung & Rubicam e REMO ASATSU.

Aquí tedes algunhas actividades sobre o libro que vos poden axudar a "destripar" mellor a trama.


Os rapaces de sexto reuníronse varias veces no club de lectura para falar deste libro.