Mostrando entradas con la etiqueta Nunca seré tu héroe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nunca seré tu héroe. Mostrar todas las entradas

domingo, 17 de mayo de 2015

LECTURA DE 6º CURSO: NUNCA SERÉ TU HÉROE

Neste último trimestre, compartimos a lectura do libro NUNCA SERÉ TU HÉROE  no Club de Lectura de 6º curso. Este libro foi escrito por María Menéndez-Ponte e publicado na Editorial SM.

   Andrés, o protagonista desta historia, está farto do colexio, dos granos, do "rollo" da súa nai, da plasta da súa irmá, de Jorge que lle roubou a noiva, da vida en xeral e do profesor de Historia en particular. Dani e él propóñense cambiar o mundo e facer un conxuro que lle fará inmunes ás fantasmadas dos "pijos", pelotas e demais aves preeiras, e os convertirá en heroes. Bueno, ao menos iso é o que estaba previsto. Pero logo as cousas tórcense...

     Andés ten 15 anos e moitísimas preocupacións: os estudos, a súa cara, Sara (a rapaza que lle gusta pero que o deixou)... Os seus pais sempre lle están a dicir que estude, pero el non fai caso.

      Unha noite saíu de festa co seu amigo Dani, e tras emborracharse, volveu á casa, onde os seus pais lle rifaron. Ao día seguinte, cando voltaba da casa dos seus avós, atopou chorando á súa amiga Belén, quen lle explicou que cría estar embarazada. Andrés levaouna á consulta da irmá de Sara (que é xinecóloga) e descubriron que non era certo.

   Ao día seguinte déronlles as notas, e Andrés suspendera catro materias, e enriba, o profesor de historia mandouno facer un traballo con Jorge, que lle cae fatal porque lle quitara a noiva.

E ata aquí vos imos contar da historia que tanto nos gustou....


 Nas nosas reunións falamos e debatimos dunha gran multitude de temas que afectan aos adolescentes, etapa das nosas vidas que estamos a piques de comezar:
  • estudos
  • adolescencia e cambios físicos
  • sexualidade
  • embarazos non desexados,
  • autoestima
  • crise e paro
  • discriminación e violencia racista
  • amor
  • amizade e lealtade
  • sentido do humor
  • primeiras impresións e impresións erróneas sobre os demais
  • relacións entre iguais
  • sentimentos enfrontados
  • empatía
  • alcohol na adolescencia
  • respondabilidade
  • hobbies
  • comics...
   Tamén coñecemos un pouquiño máis a María Menéndez-Ponte a autora deste libro. Nada na Coruña desenvolve a súa actividade profesional no campo da educación e da literatura. É autora, ademáis de varios libros de textos e antoloxías para Educación Primaria.

    Comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Alí, xunto cun grupo de estudantes fundou un cine-club, foi delegada de curso e publicou numerosos artigos en diversos xornais galegos. 

    Na década dos noventa comezou o seu labor de escritora, tanto de novela coma de contos de relato curo, fundamentalmente orientados á literatura infantil e xuvenil. Moitos dos seus libros son grandes éxitos de ventas.

    Ao final do libro a autora escribe a súa autobiografía e incluso se inclúe unha entrevista que lle fan na súa propia casa onde explica as razóns que levaron a escribir o libro que lle adicou ao seu fillo Álvaro.

 E aquí están as fotos das nosas reunións:

Recomendámosvos este libro, por suposto!!