Mostrando entradas con la etiqueta reseña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reseña. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de mayo de 2014

LOS INSTANTES PERFECTOS: LECTURA DE 6º CURSO

A sección do Club de Lectura de 6º curso está lendo o libro: LOS INSTANTES PERFECTOS de Ana Alonso (Editorial Oxford).


Segundo a RESEÑA do libro, Arsenio Colinas é un ladrón de luva branca que actúa sen empregar a violencia. A súa última vítima é a condesa de Tellington, unha anciá muller moi rica pouco merecedora da súa fortuna, a quen acaba de roubarlle as súas xoias máis valiosas e excepcionais coñecidas como "os instantes perfectos": trátase de unhas pedras míticas ás que se lles atribúe unha procedencia practicamente máxica.  
Pero a intelixente neta da condesa, Cecilia, ten unhas aspiracións de futuro moi peculiares: quere ser unha ladroa de luva branca. É por iso que non dubida un momento en seguir os pasos do famoso Arsenio Colinas e obrigalo a que a acepte como aprendiza.
O que Cecilia non sabe é que, no seu primeiro traballo, terá que facer de investigadora e non de ladroa. Encontrar os donos das devanditas pedras e devolvelas en perfecto estado converterase para a moza nunha cuestión... persoal. Das mansións residenciais aos barrios da periferia, de elitistas clubs urbanitas a bucólicos hoteis nos acantilados, Cecilia e Arsenio perseguirán a verdade sobre estas xoias e descubrirán que os recordos o poden cambiar todo.


Este libro está escrito por ANA ALONSO
Esta escritoria naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París. 
Escritora, tradutora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía.
Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006) e, recentemente, o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008). Asina a súa obra poética como Ana Isabel Conejo.


Los instantes perfectos está ilustrado por RAÚL ALLÉN
Valladolid, en 1979, viuno nacer, ir e vir. No seu paso por Salamanca licenciouse en Belas Artes e despois estudou ilustración e deseño en Boston. Sempre buscou o xeito de ver dentro e fóra das cousas, observando o que o rodea ata o punto de durmir cos ollos abertos.
O seu traballo foi recoñecido pola Sociedade de Ilustradores de Nova York, a revista 3 x 3 Magazine of Contemporary Illustration, o Certame Nacional de Debuxo Gregorio Prieto, a Galería Artis, o concurso Arte Mozo da Xunta de Castela e León, a Deputación de Valladolid...
Expuxo en Nova York, Boston, Madrid, Salamanca e Barcelona. Actualmente, traballa en diversos proxectos para editoriais españolas e internacionais, publicacións estranxeiras, revistas e axencias de publicidade do nivel de Vitruvio-Leo BurnettVINIZIUSYoung & Rubicam e REMO ASATSU.

Aquí tedes algunhas actividades sobre o libro que vos poden axudar a "destripar" mellor a trama.


Os rapaces de sexto reuníronse varias veces no club de lectura para falar deste libro.

martes, 29 de abril de 2014

NATA Y CHOCOLATE


Os alumnos de 5º reuniranse na biblioteca o próximo día luns 5 de maio para falar por primeira vez do libro que están ler este ano no club de lectura: NATA Y CHOCOLATE.
O libro está escrito por Alicia Borrás.
Segundo a RESEÑA do libro "Sonia é una nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo a obriga a facerlle os debres. Ningún parece decatarse do que ocorre ata que una nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia".
 Pero que é isto do ALBINISMO?
O albinismo é una enfermidade xenética que se caracteriza pola ausencia ou disminución de pigmentación na pel, os ollos e o pelo. É una síndrome pouco frecuente que afecta a 1 de cada 20.000 persoas. Afecta a todas as razas por igual e non existen diferencias entre xéneros. A causa do albinismo é o defecto no xene que se encarga da síntese e distribución da melanina. Nos albinos este xene non funciona correctamente e, polo tanto, todas as estructuras corporais que están coloreadas pola melanina deixan de estalo: pel, ollos e cabelo.
O albinismo hérdase mediante o patrón autosómico  recesivo. Os pais dun neno afectado poden non manifestar os síntomas e, de media, a posibilidade de que os irmáns ou irmás dun neno afectado teñan os síntamas é de 1 en cada 4. Para que un neno teña os síntomas deste trastono, debe recibir o xene recesivo de ambos os dous país.
Os nenos albinos caracterínzase por ter pelo branco ou lixeramente dourado, a pel moi pálida e os ollos azul violeta ou avermellados. Poden ter unha agudeza visual diminuída, unha maior sensibilidade á luz (fotofobia), movemento involuntario dos ollos (nistagmus) e estrabismo.
Os trastornos oculares do albinismo son causados por un déficit de pigmentación da retina, o iris e a coroides. A falta de pigmentación na retina produce menos agudeza visual. Exceptuando os problemas visuais e cutáneos os neos albinos son nenos normais, intelixentes e que poden desenvolver a súa vida intelectural e social plenamente.
O albinismo tamén se dá na plantas e nos animais.
Se queres saber máis cousas sobre o albinismo podes pinchar  AQUÍ