miércoles, 14 de mayo de 2014

LOS INSTANTES PERFECTOS: LECTURA DE 6º CURSO

A sección do Club de Lectura de 6º curso está lendo o libro: LOS INSTANTES PERFECTOS de Ana Alonso (Editorial Oxford).


Segundo a RESEÑA do libro, Arsenio Colinas é un ladrón de luva branca que actúa sen empregar a violencia. A súa última vítima é a condesa de Tellington, unha anciá muller moi rica pouco merecedora da súa fortuna, a quen acaba de roubarlle as súas xoias máis valiosas e excepcionais coñecidas como "os instantes perfectos": trátase de unhas pedras míticas ás que se lles atribúe unha procedencia practicamente máxica.  
Pero a intelixente neta da condesa, Cecilia, ten unhas aspiracións de futuro moi peculiares: quere ser unha ladroa de luva branca. É por iso que non dubida un momento en seguir os pasos do famoso Arsenio Colinas e obrigalo a que a acepte como aprendiza.
O que Cecilia non sabe é que, no seu primeiro traballo, terá que facer de investigadora e non de ladroa. Encontrar os donos das devanditas pedras e devolvelas en perfecto estado converterase para a moza nunha cuestión... persoal. Das mansións residenciais aos barrios da periferia, de elitistas clubs urbanitas a bucólicos hoteis nos acantilados, Cecilia e Arsenio perseguirán a verdade sobre estas xoias e descubrirán que os recordos o poden cambiar todo.


Este libro está escrito por ANA ALONSO
Esta escritoria naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París. 
Escritora, tradutora, bióloga e profesora de secundaria, Ana Alonso destacou, ademais de polos seus libros de literatura xuvenil, pola súa incursión na poesía.
Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006) e, recentemente, o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008). Asina a súa obra poética como Ana Isabel Conejo.


Los instantes perfectos está ilustrado por RAÚL ALLÉN
Valladolid, en 1979, viuno nacer, ir e vir. No seu paso por Salamanca licenciouse en Belas Artes e despois estudou ilustración e deseño en Boston. Sempre buscou o xeito de ver dentro e fóra das cousas, observando o que o rodea ata o punto de durmir cos ollos abertos.
O seu traballo foi recoñecido pola Sociedade de Ilustradores de Nova York, a revista 3 x 3 Magazine of Contemporary Illustration, o Certame Nacional de Debuxo Gregorio Prieto, a Galería Artis, o concurso Arte Mozo da Xunta de Castela e León, a Deputación de Valladolid...
Expuxo en Nova York, Boston, Madrid, Salamanca e Barcelona. Actualmente, traballa en diversos proxectos para editoriais españolas e internacionais, publicacións estranxeiras, revistas e axencias de publicidade do nivel de Vitruvio-Leo BurnettVINIZIUSYoung & Rubicam e REMO ASATSU.

Aquí tedes algunhas actividades sobre o libro que vos poden axudar a "destripar" mellor a trama.


Os rapaces de sexto reuníronse varias veces no club de lectura para falar deste libro.

martes, 13 de mayo de 2014

OS MEGATOSOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA

A sección do Club de Lectura de 4º curso está lendo o libro: OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA de Anxo Fariña (Editorial Xerais) 


Este libro está escrito e ilustrado por ANXO FARIÑA. 
Imos averguar un pouquiño sobre este autor.

Anxo Fariña naceo en Vigo en 1977 e é licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro entre os dous e os corenta anos debido á súa variada obra. Destacan as coleccións: “Os Megatoxos”, “Don Quixote e Breogán”, “Antón e Pompón”, “Os Pelelliños”, “A monstroescola”... Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en novidosas campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! Anxo Fariña mantén o seu blog: 
Visítalo e poderás descubrir unha chea de cousas sobre el e o seu traballo. 


Segundo a RESEÑA do libro, os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...


Aquí vos deixamos fotos das reunións do Club de Lectura:


lunes, 12 de mayo de 2014

FALANDO DO ACOSO ESCOLAR OU BULLYING

Na segunda reunión do club os rapaces de 5º estivemos falando entre otros moitos temas do libro sobre o tema do ACOSO ESCOLAR, tamén chamado Bullying.
Sonia a protagonista de NATA E CHOCOLATE sufre acoso por parte da súa compañeira Lola.



Estes vídeos axudaranche a recoñecelo.




Na reunión falamos sobre se algún de nós sentimos algunha vez acosados e tamén se presenciamos algunha vez algunha situación similar. Que fixemos? Como nos compartamos? Como nos sentimos? Que faríamos se nos pasase a nós? E se lle pasase a un compañeiro? Como podemos axudar a un compañeiro que está sufrindo acoso?

Aquí temos unha GUÍA con información sobre o tema e con alguns conselliños que nos poden axudar.


Estas son as fotos da sesión:

lunes, 5 de mayo de 2014

REUNIÓN 5º: NATA Y CHOCOLATE

Hoxe celebramos a primeira reunión do club de lectura de 5º.
Aquí tedes as imaxes.



Falamos de todos os personaxes de Nata e Chocolate:

  • Sonia
FANTÁSMICA, NATITA... estes son os alcumes de Sonia, unha nena albina que preferiría quedarse na casa lendo un libro ou mirando como a avoa fai calceta, antes que enfrontarse diariamente ás burlas e aos abusos de Lola. O malo é que está tan afeita que xa deixou de quererse e o soporta todo en silencio, ata cre que en parte o merece. Sonia é a mellor en Lingua, tenlido tanto que non lle escapa nin unha falta de ortografía. Ademais encántalle escribir e capta con enorme sensibilidade as historias que merecen ser contada. A súa nai morreu non hai moito nun accidente de tráfico, e agora vive co seu pai e coa súa avoa. A queren e cóidana, pero están todos tan tristes que ninguén sorrí e Sonia ansía os sorrisos.

  • Lola
Hai rapazas que desbordan enerxía e colorido. Son todo o contrario Sonia. Falan continuamente, son o centro de atención, rin e teñen montóns de amigos. Lola é a raíña, de pel morena e luminosa, é intelixente e moi ocorrente, especialista en rirse de os demais con moito enxeño. Mesmo o titor, Álvaro, admira o seu rapidez mental -aínda que a empregue basicamente para idear insultos sofisticados e moi creativos-. Lola ten sometida a protagonista que lle fai os deberes de Lengua sen chiar. No fondo non é mala persoa, pero terá que chegar o adulto axeitado para sacar o mellor dela e reconducir o seu talento.

  • Inés

Ás veces, abonda con tomar tempo e observar. Inés non é desas profesoras despreocupadas que opinan que non hai que dar excesiva importancia ás cousas de cativos. Está convencida de que o seu deber, ademais de ensinar a materia, é procurar sacar o mellor de cada alumno, protexer aos máis débiles dos abusos dos fortes e a estes de si mesmos. É cálida e cariñosa, e sabe que hai algo que case sempre funciona: conseguir que os rapaces se poñan un momentiño nos zapatos do outro. Tamén sabe que un sorriso é a mellor tarxeta de presentación.
  • Alvaro
Álvaro é un profesor que considera que os nenos deben aprender a defenderse por si mesmos. Impaciéntase cos lentos e non pode evitar sentir admiración polo afiado sentido do humor de Lola. Cre que as peculiaridades físicas de Sonia van acompañadas de certo grao de retraso mental.
  • O pai de Sonia
Non é doado facerse cargo dunha filla cando se está a maior parte do día ao volante dun autobús. É un home traballador que fomenta na nena valores como a responsabilidade e o esforzo. Dende que morreu a súa esposa, o pai de Sonia envelleceu e adelgazou. Aínda que conta coa axuda da súa sogra, a tristura non é doada de soportar. Cando el chega polas noites, Sonia adoita estar xa na cama. A nena faise a durmida porque sabe que se o seu pai cre que dorme lle acariciará a cabecita co seu enorme e cálida man. A chegada de Inés ás súas vidas tamén é positiva para el: iluminóuselle un pouco a mirada e parece que cústalle menos sorrir.

  • A avoa de Sonia
Se por ela fóra, borraría do mapa a todos os automóbiles do planeta. Unha desas máquinas matou a súa filla e, dende entón, a pobre ocúpase do seu xenro e da súa neta. A Carmen cambioulle o carácter e cústalle ser simpática, pero é unha muller boa dedicada plenamente ao coidado dos seus. Inés cáelle ben, por iso prepara, para sorpresa de Sonia, o seu famoso biscoito caseiro.

  • Juan
Dende hai catro anos Inés é a orgullosa nai adoptiva dun neno etíope. O rapaz ten a idade de Sonia e o sorriso máis luminoso que a nena vise xamais. O máis curioso é que ese sorriso non lle cae da cara en ningún momento, e Juan parece ser unha persoa feliz. É coma se os anos no orfanato e a operación que o prostrou temporalmente nunha cadeira de rodas non fosen motivo de queixa. Sonia e el conxenían dende o primeiro momento, gústanlles as mesmas cousas, sobre todo ler e escribir versos, e os dous saben o que é sentirse diferente.
  • As rapazas e rapaces da clase
Aínda que nun principio todos os compañeiros de Sonia parecen ignorala e mirar para outro lado cando alguén se burla dela, con a chegada de Inés algúns empezan a formularse a situación. Pilar
Olga, inxenuas e algo infantís, deseguida se achegan á nena albina, pero a pesar da súa boa intención non poden evitar tratala de forma diferente. O seu peculiar aspecto impide que as nenas se relacionen con ela de xeito natural e prodúcese unha sorte de discriminación positiva que Sonia acepta agradecida, pero que no fondo non remata de aliviar a súa soidade. Rosalía, en cambio, posúe unha personalidade máis definida e é a que mostra maior madurez. É outra lectora empedernida e a Sonia encantaríalle ser a súa amiga. Pouco a pouco vanse achegando e rompendo o xeo. Rosalía préstalle o seu libro favorito, La historia interminable, o que non é un mal principio en absoluto. Ramón e Pedro son bromistas e despreocupados, moi amigos de Lola, séguena a todas as partes e deféndena leais cando as cousas empezan a torcerse para a líder do grupo. Non son crueis en esencia, sinxelamente non se pararon a pensar o dano que poden facer as palabras.

miércoles, 30 de abril de 2014

QUEN É ALICIA BORRÁS? E ANUSKA ALLEPUZ ???


Alicia Borrás é a autora de NATA E CHOCOLATE.

Alicia naceu en Vigo onde traballa como actriz de televisión e dobraxe. Ademais, imparte clases de interpretación e talleres de teatro para mozos e adultos. Vive rodeada de nenos, aos que di entender mellor que aos adultos, e que lle serven de inspiración para as súas novelas. Coa súa obra Versos graciosos, sabrosos e jugosos quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación Literaria. No 2013 publicou O señor Corpo quere xogar (Xerais, 2013). Outras das súas obras son: Bichitos enaniiitos editado por Ajonjoli, Besos y achuchones en Imaginarium, O mar é noso en Galaxia

Anuska Allepuz é a ilustradora de NATA E CHOCOLATE. Naceu en Madrid en 1979 e estudiou Belas Artes na Universidade de Salamanca. A súa obra foi seleccionada para participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia en 2009; ademais, ten participado en diversas exposicións tanto colectivas como individuais. Na súa web podedes coñecer mellor o seu traballo. 
Pincha AQUÍ para acceder a súa páxina web e coñecer o seu traballo. 


Para coñecer mellor a estas dúas mulleres que mellor que ler unha entrevista que lles fixeron por mor da edición de "Nata y chocolate"

martes, 29 de abril de 2014

NATA Y CHOCOLATE


Os alumnos de 5º reuniranse na biblioteca o próximo día luns 5 de maio para falar por primeira vez do libro que están ler este ano no club de lectura: NATA Y CHOCOLATE.
O libro está escrito por Alicia Borrás.
Segundo a RESEÑA do libro "Sonia é una nena calada, triste e solitaria. A razón é que os seus compañeiros se meten con ela por ser albina; Lola mesmo a obriga a facerlle os debres. Ningún parece decatarse do que ocorre ata que una nova profesora chega ao centro e decide cambiar a situación que vive Sonia".
 Pero que é isto do ALBINISMO?
O albinismo é una enfermidade xenética que se caracteriza pola ausencia ou disminución de pigmentación na pel, os ollos e o pelo. É una síndrome pouco frecuente que afecta a 1 de cada 20.000 persoas. Afecta a todas as razas por igual e non existen diferencias entre xéneros. A causa do albinismo é o defecto no xene que se encarga da síntese e distribución da melanina. Nos albinos este xene non funciona correctamente e, polo tanto, todas as estructuras corporais que están coloreadas pola melanina deixan de estalo: pel, ollos e cabelo.
O albinismo hérdase mediante o patrón autosómico  recesivo. Os pais dun neno afectado poden non manifestar os síntomas e, de media, a posibilidade de que os irmáns ou irmás dun neno afectado teñan os síntamas é de 1 en cada 4. Para que un neno teña os síntomas deste trastono, debe recibir o xene recesivo de ambos os dous país.
Os nenos albinos caracterínzase por ter pelo branco ou lixeramente dourado, a pel moi pálida e os ollos azul violeta ou avermellados. Poden ter unha agudeza visual diminuída, unha maior sensibilidade á luz (fotofobia), movemento involuntario dos ollos (nistagmus) e estrabismo.
Os trastornos oculares do albinismo son causados por un déficit de pigmentación da retina, o iris e a coroides. A falta de pigmentación na retina produce menos agudeza visual. Exceptuando os problemas visuais e cutáneos os neos albinos son nenos normais, intelixentes e que poden desenvolver a súa vida intelectural e social plenamente.
O albinismo tamén se dá na plantas e nos animais.
Se queres saber máis cousas sobre o albinismo podes pinchar  AQUÍ

jueves, 24 de abril de 2014

NOVAS LECTURAS

O Club de Lectura "Os xurelos lectores" volve a reunirse para ler novos libros.
Este ano o club funciona como 3 seccións distintas pois así, o grupo de alumnos participantes é máis manexable.
       
Estamos á espera da chegada dos libros que nos prestan dende outros centros: CEIP DE CERVO E CPI A PICOTA