Gonzalo Moure naceu en Valencia en 1951. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como periodista entre 1973 e 1989 fundamentalmente na radio. Deixou o seu traballo sendo director dunha emisora de radio. Tamén traballou na prensa especializada en música popular, de guionista de televisión e de creativo de publicidade. Comezou a escribir en 1989. A súa primeira novela foi Geranium (1991) publicado pola Editorial Alianza e reeditado en 2005.
Agora vive en Figueras (Asturias) dedicado a escribir e a impartir charlas en bibliotecas, clubs de lectura, colexios e institutos. Intervén en diversos congresos de Literatura Infantil e Xuvenil en España e fora dela.
As súas obras caracterízanse por a atención aos problemas sociais, aos problemas do pobo saharaui e por un exquisito manexo da sensibilidade, tanto dos narradores como dos protagonistas con frecuencia no marco dun conflicto suave entre pais e fillos adolescentes.
Aquí tedes todos os seus libros e premios:
Aquí tedes todos os seus libros e premios:
Dende o I.E.S. de ALLARIZ chéganos este pequeno vídeo elaborado por uns alumnos con motivo da visita de Gonzalo ao seu instituto e aos que lles estamos moi agradecidos por compartir o seu traballo connosco!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario