martes, 13 de mayo de 2014

OS MEGATOSOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA

A sección do Club de Lectura de 4º curso está lendo o libro: OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA de Anxo Fariña (Editorial Xerais) 


Este libro está escrito e ilustrado por ANXO FARIÑA. 
Imos averguar un pouquiño sobre este autor.

Anxo Fariña naceo en Vigo en 1977 e é licenciado en Belas Artes. Escritor, ilustrador e Director de Arte. Coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores, que comprenden un amplo espectro entre os dous e os corenta anos debido á súa variada obra. Destacan as coleccións: “Os Megatoxos”, “Don Quixote e Breogán”, “Antón e Pompón”, “Os Pelelliños”, “A monstroescola”... Ten participado en Salóns do Libro, obradoiros de ilustración, conferencias para docentes, ou en novidosas campañas de promoción do galego para a Xunta de Galicia como «Graffiti e letras», «Creando historias con Anxo Fariña» e «Ti creas a historia». Ademais de ler gústalle: escalar, o deseño, os robots, facer snowboard, os reloxos, a arquitectura, correr... e debuxar con música de Frank Sinatra! Anxo Fariña mantén o seu blog: 
Visítalo e poderás descubrir unha chea de cousas sobre el e o seu traballo. 


Segundo a RESEÑA do libro, os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. O día en que Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezaron o curso, apenas se coñecían. Mais un accidente inesperado fará que as súas vidas muden para sempre. Decataranse de que teñen algo especial en común, máis aló de asistir ao mesmo instituto, e que nas súas vidas hai preocupacións máis fondas que entregar a tempo os traballos de clase. Estraños poderes, aventuras sorprendentes e misteriosos encontros. Os catro mozos terán que viaxar no tempo para procurar respostas na terra dos seus antepasados, os celtas...


Aquí vos deixamos fotos das reunións do Club de Lectura:


No hay comentarios:

Publicar un comentario