Neste último trimestre, compartimos a lectura do libro NUNCA SERÉ TU HÉROE no Club de Lectura de 6º curso. Este libro foi escrito por María Menéndez-Ponte e publicado na Editorial SM.
Andrés, o protagonista desta historia, está farto do colexio, dos granos, do "rollo" da súa nai, da plasta da súa irmá, de Jorge que lle roubou a noiva, da vida en xeral e do profesor de Historia en particular. Dani e él propóñense cambiar o mundo e facer un conxuro que lle fará inmunes ás fantasmadas dos "pijos", pelotas e demais aves preeiras, e os convertirá en heroes. Bueno, ao menos iso é o que estaba previsto. Pero logo as cousas tórcense...
Andés ten 15 anos e moitísimas preocupacións: os estudos, a súa cara, Sara (a rapaza que lle gusta pero que o deixou)... Os seus pais sempre lle están a dicir que estude, pero el non fai caso.
Unha noite saíu de festa co seu amigo Dani, e tras emborracharse, volveu á casa, onde os seus pais lle rifaron. Ao día seguinte, cando voltaba da casa dos seus avós, atopou chorando á súa amiga Belén, quen lle explicou que cría estar embarazada. Andrés levaouna á consulta da irmá de Sara (que é xinecóloga) e descubriron que non era certo.
Ao día seguinte déronlles as notas, e Andrés suspendera catro materias, e enriba, o profesor de historia mandouno facer un traballo con Jorge, que lle cae fatal porque lle quitara a noiva.
E ata aquí vos imos contar da historia que tanto nos gustou....

Nas nosas reunións falamos e debatimos dunha gran multitude de temas que afectan aos adolescentes, etapa das nosas vidas que estamos a piques de comezar:
- estudos
- adolescencia e cambios físicos
- sexualidade
- embarazos non desexados,
- autoestima
- crise e paro
- discriminación e violencia racista
- amor
- amizade e lealtade
- sentido do humor
- primeiras impresións e impresións erróneas sobre os demais
- relacións entre iguais
- sentimentos enfrontados
- empatía
- alcohol na adolescencia
- respondabilidade
- hobbies
- comics...
Tamén coñecemos un pouquiño máis a María Menéndez-Ponte a autora deste libro. Nada na Coruña desenvolve a súa actividade profesional no campo da educación e da literatura. É autora, ademáis de varios libros de textos e antoloxías para Educación Primaria.
Comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Alí, xunto cun grupo de estudantes fundou un cine-club, foi delegada de curso e publicou numerosos artigos en diversos xornais galegos.
Na década dos noventa comezou o seu labor de escritora, tanto de novela coma de contos de relato curo, fundamentalmente orientados á literatura infantil e xuvenil. Moitos dos seus libros son grandes éxitos de ventas.
Ao final do libro a autora escribe a súa autobiografía e incluso se inclúe unha entrevista que lle fan na súa propia casa onde explica as razóns que levaron a escribir o libro que lle adicou ao seu fillo Álvaro.
E aquí están as fotos das nosas reunións:
Recomendámosvos este libro, por suposto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario