viernes, 10 de mayo de 2013

jueves, 2 de mayo de 2013

Fernando Martín Godoy, o ilustrador


Fernando Martín Godoy ilustrou Palabras de Caramelo!!

Naceu en Zaragoza en 1975. En canto foi capaz de agarrar un lapis, púxose a debuxar e ata o momento non  parou. Actualmente vive en Madrid, e dedícase á pintura e a ilustración de libros infantís. 
É licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa regularmente con varias galerías de arte e participa en exposicións colectivas, certámenes e encontros en España e en extranxeiro. É un dos artistas aragoneses de maior proxección nacional. Como ilustrador acompaña moitas das obras de Gonzalo Moure.








GONZALO MOURE

Imos coñecer un pouquiño mellor a GONZALO MOURE o autor de Palabras de Caramelo.
Gonzalo Moure naceu en Valencia en 1951. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como periodista entre 1973 e 1989 fundamentalmente na radio. Deixou o seu traballo sendo director dunha emisora de radio. Tamén traballou na prensa especializada en música popular, de guionista de televisión e de creativo de publicidade. Comezou a escribir en 1989. A súa primeira novela foi Geranium (1991) publicado pola Editorial Alianza e reeditado en 2005.
Agora vive en Figueras (Asturias) dedicado a escribir e a impartir charlas en bibliotecas, clubs de lectura,  colexios e institutos. Intervén en diversos congresos de Literatura Infantil e Xuvenil en España e fora dela.
As súas obras caracterízanse por a atención aos problemas sociais, aos problemas do pobo saharaui e por un exquisito manexo da sensibilidade, tanto dos narradores como dos protagonistas con frecuencia no marco dun conflicto suave entre pais e fillos adolescentes.
Aquí tedes todos os seus libros e premios:




 Dende o I.E.S. de ALLARIZ chéganos este pequeno vídeo elaborado por uns alumnos con motivo da  visita de Gonzalo ao seu instituto e aos que lles estamos moi agradecidos por compartir o seu traballo connosco!!



Gonzalo ten un blog! Ao que podedes acceder e ler das súas propias palabras a súa BIOGRAFÍA


martes, 30 de abril de 2013

O Club de Lectura arranca outra vez con Palabras de Caramelo

Aínda que tarde, o Club de Lectura volve arrancar a súa andaina!!! 
O libro que leremos este ano é PALABRAS DE CARAMELO de GONZALO MOURE.
O retraso debeuse á causas axenas a nós. 
Tiñamos solicitados os libros ao CPI da Baña pero, estes prestáranllos ao IES de Allariz, no que traballaron moito "Palabras de Caramelo" pero que se retrason na súa devolución.

Ao final chegaron e nós decidimos comezar canto antes.

Ata agora no Club de Lectura "Os xurelos lectores" só participaba o alumnado de 3º ciclo pero este ano, visto o interese que había en 4º curso, decidimos ofrecerlles tamén a posibilidade de participar.

Deste xeito, o número de participantes aumentaba moito así que decidiuse dividir o club en 3 grupos máis pequenos: un de 6º, outro de 5º e outro de 4º. Deste xeito necesitamos 3 moderadores: Xabier, o noso dire, modera ao grupo de 5º, a profe Pili modera ao grupo de 6º e a profe Asun modera ao grupo de 4º.

Os libros chegaron o luns 29 de abril ao noso cole e para non perder moito o tempo, os rapaces de 4º e 5º (os de 6º xa participaron no club o curso pasado) mantiveron unha reunión o martes cos seus moderadores nas súas aulas onde se lles explicou o funcionamento de Club de Lectura e se lles entregou un boletín que a biblioteca ten preparado para que non esquezan como funciona.

Quedamos en que para a primeira reunión do club teríamos que ter lidos os 2 primeiros capítulos.







miércoles, 18 de abril de 2012

Unha reunión máis


Hoxe volveu a reunirse o Club. Xa tiñamos que traer o libro rematado. Falamos moito sobre as aventuras de Derdrín, dos seus poderes máxicos,  e de Mouriña. Encantounos a parte na que Dedrín defende a Raquel de Carlos....e cando Raquel se fai a amiga de Xavier e convírtese no seu amigo.

Falamos do moito que nos gustaría coñecer a Agustín Fernández Paz. Encántannos os seus libros.


viernes, 23 de marzo de 2012

Nova reunión do Club de Lectura

Hoxe volveu a reunirse o Club de Lectura na biblioteca. Entregáronse os materiais: carpeta, libreta, libro e pegatina do Club.



Falamos das Fragas do Eume. Imos ir a visitalas.


E tamén falamos dos trasnos. Nós sabemos moito deles porque fai tres anos estudamos a Mitoloxía Galega.


Falamos das nosas experiencias persoais no bosque e tamén dalgúns problemiñas que ten Raquel, a protagonista, con un compañeiro do cole. Chámase Bullyng. Así que buscamos información sobre o que é iso.


jueves, 15 de marzo de 2012

VOLVE A POÑERSE EN MARCHA O CLUB DE LECTURA

Hoxe, despois de case un ano volve a reunirse o Club de Lectura "Os xurelos lectores", agora con novos membros.
A reunión tivo lugar na biblioteca durante o recreo e nela participaron todos os alumnos de 5º e 6º. Nela Xabi, o noso dire, que será quen coordine o club outra vez, explocou aos rapaces e rapazas en qué consiste un club de lectura e como funciona e entregoulles o boletín explicativo sobre o funcinamento dos clubs de lectura.
Despois amosoulles o libro que se escolleu para ler este ano: No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz . A razón de escoller este libro ten que ver co tema do noso Proxecto Documental Integrado (Sementando bosques de palabras) deste ano no noso cole: OS BOSQUES.
Escollimos un libro de Agustín Fernández Paz porque xa limos o curso pasado un libro seu e gustounos tanto que decidimos repetir autor.
Na seguinte reunión, convocada para mañá os rapaces recibirán os materiais para o comezar.