Os alumnos do C.E.I.P. San Isidro de Neda na Coruña, elaboraron este vídeo no que resumen a historia de Kori empregando imaxes do Sáhara que atoparon por internet. Poida que vos axude a poñer imaxes a esta fermosa historia de Gonzalo Moure. Gústavos!!!
sábado, 11 de mayo de 2013
Coñecendo BUBISHER
Este vídeo trata de achegarnos toda a labor solidaria que está levando a cabo BUBISHER. Entenderás como funciona e cales son os seus obxectivos:
VIDEO DE GONZALO MOURE FALANDO DE SOLIDARIDADE CO SAHARA
Atopamos na rede este vídeo de Gonzalo Moure explicando a que se dedica a súa ONG BUBISHER e como os nenos de algúns centros están colaborando para facer realidade os proxectos de solidariedade no Sáhara.
viernes, 10 de mayo de 2013
SITUACIÓN DO SÁHARA
Para coñecer un pouquiño mellor o conflicto do Sáhara Occidental, chegounos esta presentación dende o I.E.S. de Allariz.
jueves, 2 de mayo de 2013
Fernando Martín Godoy, o ilustrador
Fernando Martín Godoy ilustrou Palabras de Caramelo!!
Naceu en Zaragoza en 1975. En canto foi capaz de agarrar un lapis, púxose a debuxar e ata o momento non parou. Actualmente vive en Madrid, e dedícase á pintura e a ilustración de libros infantís.
É licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Traballa regularmente con varias galerías de arte e participa en exposicións colectivas, certámenes e encontros en España e en extranxeiro. É un dos artistas aragoneses de maior proxección nacional. Como ilustrador acompaña moitas das obras de Gonzalo Moure.



GONZALO MOURE
Gonzalo Moure naceu en Valencia en 1951. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como periodista entre 1973 e 1989 fundamentalmente na radio. Deixou o seu traballo sendo director dunha emisora de radio. Tamén traballou na prensa especializada en música popular, de guionista de televisión e de creativo de publicidade. Comezou a escribir en 1989. A súa primeira novela foi Geranium (1991) publicado pola Editorial Alianza e reeditado en 2005.
Agora vive en Figueras (Asturias) dedicado a escribir e a impartir charlas en bibliotecas, clubs de lectura, colexios e institutos. Intervén en diversos congresos de Literatura Infantil e Xuvenil en España e fora dela.
As súas obras caracterízanse por a atención aos problemas sociais, aos problemas do pobo saharaui e por un exquisito manexo da sensibilidade, tanto dos narradores como dos protagonistas con frecuencia no marco dun conflicto suave entre pais e fillos adolescentes.
Aquí tedes todos os seus libros e premios:
Aquí tedes todos os seus libros e premios:
Dende o I.E.S. de ALLARIZ chéganos este pequeno vídeo elaborado por uns alumnos con motivo da visita de Gonzalo ao seu instituto e aos que lles estamos moi agradecidos por compartir o seu traballo connosco!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




