Teríamos que empezar por contarvos que o noso Club de Lectura está coordinado por Xabier, o noso dire, que como ademáis é o noso orientador, estamos seguros que nos guiará con acerto nesta viaxe que agora emprendemos.
O venres reunímonos na biblioteca na Hora de Ler na nosa biblio. Alí ademáis de entregar os materiais do Club ao membros, falamos moito sobre os acontecementos que inspiraron a Agustín Fernández Paz para escribir "As flores radiactivas". E acordamos os capítulos que imos ler para a próxima reunión (os capítulos do 1 ao 8 e os anexos do libro).
Limos unha noticia na Voz de Galicia e vimos uns vídeos que Xabi seleccionou para nós. Aquí vos deixamos unhas fotos para que nos vexades como foi todo.
A próxima reunión será o Martes día 12 na hora do recreo. Non vos esquezades eh!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario