Eliximos o libro de Agustín Fernández Paz porque o tema que trata, a enerxía nuclear, é un tema de actualidad sobre o que tiñamos moitas preguntas. O que está pasando en Xapón tennos a todos moi preocupados.
Agustín inspirouse nuns acontecementos que tiveron lugar aquí en Galicia no ano 1981. O 14 de setembro de ese ano, un palangreiro de Ribeira o "Xurelo" saíu rumbo á fosa Atlántica, con políticos, ecoloxistas e xornalistas, para impedir o depósito de residuos radioactivos.
Aqui tendes un VIDEO de Informe Semanal, un programa de reportaxes xornalísticos de actualidade que se emite na TVE dende o ano 1973.
No hay comentarios:
Publicar un comentario