Chamounos moito a atención a aparición desta árbore dentro da historia de "O Principiño", así que quixemos saber máis:
O baobab, chamado tamén árbore botella ou pan
de mono, medra, sobre todo, no continente africano, especialmente
na illa de Madagascar.
A súa altura varía entre os 5 aos
30 metros. O seu froito é unha baga con forma de melón e abundantes sementes
con forma de ril, que viven máis de 5 anos.
A forma de botella adóptana a
partir dos 200 anos.
Os baobabs poden vivir ata 800 ou
1000 anos, aínda que se fala de exemplares que chegaron aos 4000!!!
Para os elefantes o seu froito é un
manxar, pero tamén para os humanos ten moitas utilidades: sopa coas súas
follas; bebidas refrescantes coa súa pulpa; aceite; usos medicinais; etc.
Según di unha lenda, os
baobabs eran unhas árbores tan presumidas que un deus deulles a volta. Por iso
se di que agora as ramas da árbore están enterradas e as raíces medran hacia
arriba.