“O principiño” foi escrita por
Antoine de Saint-Exupéry mentres se hospedaba nun hotel de Nova York. Publicada
en 1943, é a novela máis famosa deste aviador francés. É un conto filosófico,
moi poético que, baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan
profundos como a vida e o amor, a morte, a amizade, as actitudes e as
preocupacións da vida.
Nas conversacións entre o narrador
e o Principiño, o autor revela a súa propia visión sobre a estupidez da
humanidade e a sinxela sabedoría que os adultos semellan esquecer cando medran.
A obra está igualmente ilustrada
polo propio autor. Os seus debuxos, sinxelos e dun estilo se cadra algo
infantil, son tan célebres como o libro mesmo.
“O principiño” foi traducido a 180
linguas e dialectos, incluíndo o galego, tradución da que se encargou Carlos
Casares no ano 1972. Vendeu máis de 50 millóns de copias en todo o mundo e
tornouse nunha serie de debuxos animados de 39 episodios, ademais dalgunhas
longametraxes. Moitas veces é empregado como lectura para os que comezan a estudar
unha lingua estranxeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario