Pois si. Esta foi a obra elixida para inaugurar o Club de Lectura este curso, "O Principiño". O día que anunciamos a súa elección, descubrimos tamén algúns datos relacionados co seu ecritor:
ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY naceu en Lión (Francia) o 29 de
xuño de 1900 e finou no mar Mediterráneo o 31 de xullo de 1944. Foi un
escritor, ilustrador e aviador francés, autor do Principiño. Nado no seo dunha
familia nobre, estudou na Universidade de Friburgo (Alemania). Como aviador
participou en grandes conflitos bélicos como a Guerra Civil española ou a
Segunda Guerra Mundial.
Foi un dos pioneiros dos voos
postais internacionais, un aviador nos días nos que a aviación posuía poucos
instrumentos, e voar era unha tarefa extremadamente difícil e perigosa.
Os traballos literarios de
Saint-Exupéry foron inspirados en moitas ocasións pola súa experiencia como
piloto nos seus voos postais. Unha excepción é “Le Petit Prince” (“O Principiño”),
o seu libro máis famoso. Neste relato, o propio autor coñece ao principiño, un
neno que provén dun pequeno asteroide. En honor ao seu recoñecemento mundial,
no ano 1975 outorgóuselle o nome de Saint-Exupéry a un asteroide.
En 1931, Saint-Exupéry casou con
Consuelo Suncin Sandoval de Gómez (falecida en 1979), unha escritora e artista
salvadoreña que foi modelo para a "rosa temperamental" no Principiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario