Miguelanxo Prado, naceu na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada en galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción.
É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Ten especial recoñecemento en España (especialmente en
Galicia, onde está considerado por moitos como o autor máis relevante),
Francia (con grande éxito de crítica e público) e Portugal (dedicou a Lisboa un libro de ilustracións "Carta de Lisboa" e outro á cidade brasileira de Belo Horizonte).
O súa variedade de estilos é sorprendente e nos seus inicios foi ás veces criticada (o editor Toutain estaba claramente en contra dos cambios estilísticos que fixo Miguelanxo Prado nos seus inicios). Pero habitualmente esta variedade de estilos é vista como unha riqueza de sensibilidade moi apreciada entre os lectores. A visión poética das historias, e un estilo que sen ser localista ten unha forte sensibilidade galega fan deste autor un dos representantes máis internacionais da produción cultural galega.
Ademais da súa actividade artística Miguelanxo Prado ten unha faceta coma divulgador sendo o director desde 1998 do salón
Viñetas desde o Atlántico que ten lugar anualmente no mes de agosto na Coruña.
Foi o deseñador da mascota oficial do programa infantil da
TVG, o
Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do reparto da serie de animación producida en Galicia
Os vixilantes do camiño.
Tamén traballou na serie de animación
Men In Black, baseada no filme do mesmo nome protagonizado por Will Smith. A serie foi producida por
Steven Spielberg a través de
Dreamworks.
En xaneiro de
2007 presentouse nas salas cinematográficas españolas
De profundis, unha longametraxe dirixida por Miguelanxo Prado e con música do compositor Nani García, sen diálogos e que foi proposta para os
premios Goya como mellor longametraxe de animación de
2006, sen chegar a conquistar finalmente o premio. Este traballo, experimental e sen diálogos foi debuxado enteiramente por el e animado con técnicas informáticas.
Se queres coñecer a súa obra pincha aquí